O restaurante vexetariano Gálgala ofrécenos unha cociña ovo-láctea imaxinativa, multicultural e inesperada, pois a carta sorpréndenos con diferentes combinacións cada día da semana. Calquera prato da carta póñencho para levar, incluso podes mercar os ingredientes na pequena tenda do local para cociñalos timesmo.
Todo condimentado polas exposicións temporais e polo concurso de relatos breves no que podedes participar.